Biografia (Galega)


1979 Con 14 anos descobre o seu primeiro libro: o Gran Libro da Maxia.

1986-1993

Entra a formar parte da S.E.I.(Sociedade Española de Ilusionismo)

Intervén na creación da primeira sociedade de maxia en Galicia, (S.C.I.).

Debuta  con maxia de preto (pub Trastoy, As Pontes  en 1988).

Debuta coa súa parella Loli no seu primeiro espectáculo de escena O Rey dá Maxia (festas patronais de Ortigueira 1989 para máis de 800 persoas) .

Convidado a diversos programas de TVG así como  tv locais.

1993-2000

Xa como parella, Benxamín e Loli son asiduos asistentes a congresos nacionais (Barcelona, Zaragoza, Vitoria?)

Participan activamente na organización do Congreso Estrelas Maxicas de Ourense, onde poñen o broche final na gran gala  internacional coa súa recoñecida zig-zag.

2000-2005

Participación na serie Noite Embruxada.

Convidados en numerosos festivais de maxia (Xixón, Tolosa, Motril Santander?) e nos cales comparten escena con magos como Blake, Tamariz, Yunke ou Piedrahita.

Creacion de GALICIA MAXICA espectáculo pioneiro para festivais de grande formato).

Programas de TVG: luar, super martes, pasarela de estrelas, toda unha vida, especiais de Nadal  e Noitevella.

2005-2010

Entra a formar parte da MPG (Magos Profesionais de Galicia).

Crea o espectáculo A Maxia de Benxamín e Loli  co que  percorren gran parte dos concellos de Galicia.

Participación en varias edicións dos os congresos  Lugo Máxico e Compostela Máxica.

Auditorio de Lugo, Teatro Rosalía da Coruña ou Principal de Santiago son algúns dos  moitos  escenarios onde miles de persoas puideron ver os seus números.

Asesor de maxia  para o programa de TVE: VEO-VEO.

 

2010-2015

Creación do espectáculo A Maleta Máxica, pensado para pequenos locais; sociedades, pubs, etc.

Intervencións en antena 3 e cuatro TV e diferentes TV autonómicas.

Nos últimos anos os seus espectáculos son os máis solicitados na Rede Cultural.

Participa nas galas de Nadal Máxico coa MPG en todas as súas edicións: 2006 -2015.

Creación do espectáculo 25 Anos de Ilusión.